A oferta de conciliación de Cerdedo-Cotobade suma 'Campaverán'

A Fanpa colaborará co Concello nunha das varias propostas de conciliación deste ano
undefined
photo_camera A presentación da actividade coa Fanpa en Carballedo. DP

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentou cos membros da Federación de ANPA de centros públicos de la provincia de Pontevedra (Fanpa), Rogelio Carballo, Ángel Sánchez e Alba González, o campamento lúdico "Campaverán 2022" que se desenvolverá en xullo no CEIP Plurilingüe de Carballedo, organizado por ambas entidades.

No mesmo acto, Jorge Cubela manifestou a súa satisfacción porque a Fanpa elixise Cerdedo-Cotobade para esta iniciativa e indicou que "que dá boa conta da potencialidade turística e natural do noso municipio".

No mesmo acto, o alcalde informou de que se están rematando xa os últimos detalles da recuperación do seu programa de conciliación estival con tres ludotecas con centros en Carballedo, Tenorio e Cerdedo. En principio, manterase o esquema de actividades que se viñan prestando antes da paréntese da pandemia, con tres ludotecas en Carballedo, Tenorio e Cerdedo entre xullo e agosto que terán as súas prazas limitadas e cun prezo por neno e mes de 40 euros. O obxectivo é poder atender a máis de 150 asistentes.

As tres ludotecas, que están orientadas a rapaces de 4 a 12 anos, abrirán o seu prazo de inscrición o vindeiro luns 30 de maio e terán un custo por participantes de 40 euros, xa que o Concello asume 120 dos 160 euros que por participante custa esta actividade. O Concello dará prioridade aos rapaces empadroados no municipio.

A matrícula permanecerá aberta ata o vindeiro 13 de xuño e pode formalizarse na OMIX de Carballedo ou nos Servizos Sociais de Cerdedo.

As ludotecas desenvolveranse do 1 ao 29 de xullo e de 1 a 31 de agosto de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas e terán lugar no Multiusos de Carballedo, no CEIP de Tenorio e no pavillón municipal de Cerdedo. Por outra banda, a inscrición en Campaverán 2022, organizado pola FANPA en colaboración co Concello e que se celebrará en dúas quendas: unha para cativos de 8 a 12 anos entre o 10 e o 16 de xullo e outra para nenos de 13 a 16 anos, entre o 17 e o 23 de xullo, manterá aberta a inscrición entre o 6 e o 22 de xuño en: [email protected].

Comentarios