A oficina de asesoramento aos afectados do Ibi en Vilaboa porase en marcha a partir do 15 de marzo

O Concello pretende elaborar, tendo en conta estes casos, unha modificación puntual do PXOM para solventar as eivas do Catastro
Pleno celebrado en Vilaboa. Pleno de investidura. 2023. J. CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Pleno celebrado en Vilaboa o ano pasado. J. CERVERA-MERCADILLO

O Concello de Vilaboa porá en marcha un novo servizo de asesoramento á veciñanza centrado na situación das parcelas afectadas polo pago do Ibi, en situación urbanizable non edificable e que recollerá datos para unha posible modificación puntual do PXOM neste sentido. Este servizo comenzará a funcionar todos os venres a partir do 15 de marzo, con cita previa solicitada presencialmente no Rexistro ou a través do número 986708215.

O Goberno local implementa esta medida consciente da incidencia que pode ter nas persoas contribuintes o pago dos recibos do Ibi nos vindeiros anos, que se suma ao pago do imposto derivado do procedemento simplificado de valoración colectiva levado a cabo pola Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra tomando como referencia o PXOM actualizado.

Precisamente, este novo servizo busca implementar medidas realistas que garantan o crecemento de Vilaboa e resolvan os erros derivados da actualización do Catastro que variaron a clasificación de fincas rústicas como urbanizables algunhas que non contaban cos requisitos necesarios para obter esta catalogación. O goberno local abre así unha nova escoita activa coas persoas afectadas para estudar polo miudo cada caso.

O Goberno local mantén que o único xeito legal de regularizar a situación é a través dunha modificación puntual do PXOM que xa está en marcha coa contratación e anima á veciñanza a trasladar ao Concello "todos eses casos particulares que necesitan un estudo individual e que temos que corrixir".

Comentarios