Panaderías Acuña trasladará os seus fornos centrais ao polígono de Barro

A empresa prevé iniciar a construción das novas instalacións na primavera de 2020
El copropietario de Acuña y el alcalde de Barro. DP
photo_camera El copropietario de Acuña y el alcalde de Barro. DP

Panaderías Acuña trasladará os seus fornos centrais, agora sitos en Pontevedra, ao polígono de Curro, en Barro. 

O alcalde do munipio, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recibiu o copropietario da empresa, Andrés Acuña Blanco, quen lle informou do plan de traslado, que pasar por mercar unha parcela no próximo concurso público da Deputación de Pontevedra

A empresa prevé iniciar a construción das súas novas instalacións na primavera de 2020 e escolleu asentarse en Barro "pola súa ubicación estratéxica". Nestas instalacións traballarán entre 50 e 60 persoas e buscarase, "dentro do posible", incorporar persoal da zona de Barro.

O alcalde, con quen xa mantiveran conversas hai meses para estudar as posibilidades deste traslado, manifestoulle o seu "agradecemento" por ter apostado finalmente polo concello de Barro para asentar a súa empresa. "Desde a institución farse todo o posible para axilizar a tramitación, como sempre se fai con todas as empresas que deciden asentarse en Barro", indicou Fernández Abraldes.

Comentarios