Paneis informativos en contra dos encoros e do trasvasamento

Estes paneis divulgativos buscan amosar aos visitantes e á veciñanza o impacto negativo que tería na biodiversidade e no patrimonio natural da zona a construción deses encoros
Manifestación contra o encoro no mes de maio. DP
photo_camera Manifestación en contra da construción do encoro no mes de maio. DP

A Plataforma en Defensa dos Ríos Verdugo e Oitavén-ENCORO NON estivo estos días colocando unha serie de paneis informativos en lugares estratéxicos dos catro concellos afectados polo estudio encargado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil que ten previsto construír dous encoros, en Forzáns e A Fraga, e o trasvasamento de auga procedente dos ríos Verdugo e Oitavén.

Estes paneis divulgativos buscan amosar aos visitantes e á veciñanza o impacto negativo que tería na biodiversidade e no patrimonio natural da zona a construción deses encoros e do trasvasamento xa que "se realizaría sobre un espazo natural único, un auténtico paraíso, en lugar dun páramo ermo como se pretende dar a entender á cidadanía e á opinión pública".

A plataforma ENCORO NON colocu estes paneis nas praias fluviais de Gaxate, A Lama, Vilán e Ponte Caldelas, nos espazos naturais xunto aos ríos de Portasouto en Laxoso, Forzans e a Ponte Colgante de Soutomaior, así como en núcleos de poboación onde se concentra un importante movemento de persoas tanto da veciñanza como visitantes.

A Plataforma traballa en outras accións de concienciación cidadá elaborando documentacións, estudos e argumentarios para convencer ás distintas administracións de que "hai outras alternativas menos dañinas e agresivas contra o medioambiente".

Comentarios