O rexeitamento á proliferación de parques eólicos en Cerdedo-Cotobade deu esta semana unha nova mostra da súa forza, ao reunirse máis de 600 alegacións en contra do proxecto do Parque Eólico Pé do Monte que afecta principalmente a parroquia de Augasantas.
O pasado venres 24 de febreiro os veciños fixeron unha entrega masiva de alegacións sumando máis de 500 e intentando presentalas no seu Consistorio de Cerdedo-Cotobade, e ante a situación que detectaron alí, xa que "non garantizaban a sua tramitación en tempo e forma no prazo establecido", vironse obrigados a acudir ao Concello veciño de Ponte Caldelas; outras foron presentadas tamen na Sede da Xunta en Pontevedra.
As máis de 500 alegacións do venres súmanse máis de outro cento que se entregaron en días posteriores ademáis das que presentaron a Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños.
"A postura é unánime na parroquia, que non vai deixar de loitar para que non se instalen ese muiños de preto de 200 metros ao carón das suas casas".
Pola súa banda, os concellos afectados de Cerdedo-Cotobade, pola implantación da maior parte dos aeroxeneradores, así como Ponte Caldelas, pola línea de derivación eléctrica, anunciaron tamén o seu rexeitamento a este novo plan.
A exposición pública do proxecto Pé do Monte iniciouse o 30 de decembro do 2022 e acabou o pasado 24 de febreiro. O proxecto pertence á empresa Green Capital Power S.L., cunha potencia reclamada de 18 MW e catro aeroxeneradores tripala de 145 m de diámetro e 14,3 millóns de euros de orzamento de execución material.