jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

Combarro organiza unha recollida de alimentos en San Bernardo

O coordinador, Miguel Martínez. DP
O coordinador, Miguel Martínez. DP
O músico Miguel Martínez coordina a iniciativa na igrexa: "Que a nadie le falte de comer"

"Tenemos que ser siempre solidarios, y ahora que se acerca la Navidad es el momento de hacer un esfuerzo, sobre todo teniendo en cuenta la situación que estamos viviendo, con familias en el paro y gente con niños", asegura o coñecido músico de Combarro Miguel Martínez, quen coordina unha campaña de recollida de alimentos no municipio de Poio que comezou este domingo, e na que está implicada a parroquia de Combarro, o coro Virxe da Renda e Servizos Sociais do Concello de Poio. "Todo lo que recojamos va a ser gestionado por las trabajadoras de Servizos Sociais, que son las que están en contacto con la gente y sabe de sus necesidades. Aunque no siempre puedan ayudarles económicamente, por lo menos que no les falte de comer", aclara Martínez.

A campaña, que ten como lema Neste Nadal pon un prato máis!, chama á veciñanza a doar alimentos non perecedoiros e tamén produtos do fogar como xabón, lexivia, e demais produtos de limpeza que "también son necesarios en una casa". Así, coa igrexa de San Bernardo de Combarro como sede central, calquera veciño que desexe contibuir á causa solidaria pode achegarse o domingo en horario de misa (a partir das 11.00 horas) ou de tarde (a partir das 19.30 horas) para depositar as súas achegas nunha caixa de gran tamaño que xa se habilitou na misa do pasado domingo. Trátase da primeira campaña a grande escala que se impulsa en nome da asociación, a pesar de que en anos anteriores xa se realizaran recollidas menores a través de supermercados Froiz, unha opción que este ano se desbotou para evitar a manipulación excesiva dos alimentos a causa da covid-19. "Este año hacemos un llamamiento mucho mayor y lo normal sería centralizar los esfuerzos. Hay gente que hace recogidas pequeñas y distribuye por su cuenta, pero creo que lo lógico es contar con las trabajadoras de Servizos Sociais del Concello, ya que ellas son las que conocen la situación de primera mano", explica Martínez.

Ademais disto, tamén se contempla a opción de recoller os alimentos doados porta a porta, previa chamada telefónica ao 630 025 449, co obxectivo de facilitar a xestión ás persoas interesadas en participar na iniciativa.

As previsións pasan por recoller alimentos e produtos activamente ata o día 22 de decembro, no que se levará a cabo o seu reparto, xusto antes do Nadal. A pesar diso, en datas posteriores tamén será posible realizar doazóns para entregar de cara ao 6 de xaneiro.

MÁIS SOLIDARIEDADE. A Concellería de Benestar Social e Mocidade lembrou que tamén permanece activa a campaña solidaria Un xoguete, un sorriso, que pretende facilitar que os nenos das familias máis desfavorecidas do municipio poidan recibir tamén os seus agasallos de Nadal. As doazóns poden realizarse na Casa Rosada, e a concelleira, Rosa Fernández, valorou que, dende que se iniciou a campaña hai unhas semanas, "xa estamos recibindo moitas doazóns, o cal é de agradecer".

Combarro organiza unha recollida de alimentos en San Bernardo
Comentarios
ç