sábado. 19.09.2020 |
El tiempo
sábado. 19.09.2020
El tiempo

POIO

Pereira ve o peche do Museo de Colón como sinal de abandono

O edil Sergio Pereira. GONZALO GARCÍA
O edil Sergio Pereira. GONZALO GARCÍA
O edil 'popular' pregúntalle a Silvia Díaz de Avante por que non cumpre a súa promesa electoral e abre o centro todos os días

O Concelleiro do PP de Poio asignado para a parroquia de San Salvador, Sergio Pereira, denunciou onte que o Museo de Colón leva pechado moitos meses o cal obriga a que turistas e visitantes cando van a Portosanto a visitalo teñen que dar volta.

"Que o Museo de Colón leve pechado meses é unha mostra máis do abandono que sofren Portosanto e Saíñas, e en xeral, toda a parroquia de San Salvador pero tamén é unha mostra máis de que coa chegada de Avante Poio, con Silvia Díaz, non cambiou nada senón todo o contrario: nunca tanto tempo permaneceu pechada esta Casa Museo", explica Pereira.

"A señora Díaz levaba no seu programa electoral reabrir todos os días o Museo de Colón e desde que chegou permanece pechado; nunca tanto tempo estivo pechado este Museo. Que pensarán os turistas cando ven un Museo público pechado permanentemente", explica Pereira.

Os 'populares' sosteñen que moitos turistas e visitantes teñen que irse de baleiro cando chegan o Museo de Colón de Portosanto. "Non é de recibo ver como as perosas turistas quédanse de portas para fora do Museo de Colón", expone Pereira.

"Un Museo de Colón que costou máis de 700.000 euros e que lle podería dar a Poio, e a Portosanto en concreto, un valor engadido e un atractivo turístico, do que ninguén pode dubidar, está pechado e abandonado. Que ten pensado facer Avante Poio? Non hai que olvidar que Díaz ostenta a Concellería de Turismo e en campaña electoral prometía abrilo todos os días", insiste Pereira.

"Isto é unha proba máis de que coa chegada de Silvia Díaz ao goberno de Poio, o único que cambiou foi que pasamos de ter dous alcaldes a ter tres" e a pagar soldos para todos eles, conclúe Pereira.

Pereira ve o peche do Museo de Colón como sinal de abandono
Comentarios