miércoles. 28.07.2021 |
El tiempo
miércoles. 28.07.2021
El tiempo

Pescan unha troita de 2,5 quilos en Ponte Caldelas

Manuel Barros xunto ao exemplar que pescou no Verdugo. DP
Manuel Barros xunto ao exemplar que pescou no Verdugo. DP
Manuel Barros, o home que a capturou, xa a tiña visto dende había tempo

A tempada de pesca comezou ao grande en Ponte Caldelas, onde o experimentado pescador e encargado de Obras do Concello de Ponte Caldelas, Manuel Barros, capturou un exemplar de 2 quilos e 566 gramos de peso, e que medía 63 centímetros.

O exemplar, dun tamaño moi pouco habitual, picou o anzol nas augas do Verdugo ao seu paso polo lugar da Fraga. Barros, que leva 45 anos pescando, recoñece que xa tiña "en vista" ao exemplar dende había un tempo. Co que non contaba era con que o peixe "me rompese a cana e que tivese que acabar retirándoo do río tirando pola sedela", unha tarefa de arredor de 15 minutos. Agora tocará saborealo en boa compañía, "cunha lonchiña de xamón e asada no forno, que é como mellor sabe", recoñeceu o pescador.

Pescan unha troita de 2,5 quilos en Ponte Caldelas
Comentarios
ç