Pillan ‘in fraganti’ a dous furtivos na praia da Reiboa extraendo ameixa de xeito ilegal

Os dous son veciños de Poio, con numerosos antecedentes, e ben coñecidos pola Policía Local
Pesaxe dos seis quilos de ameixa interceptados. POLICÍA LOCAL
photo_camera Pesaxe dos seis quilos de ameixa interceptados. POLICÍA LOCAL
A Policía Local de Poio e Gardapescas da cofradía de Pontevedra identificaron a dous furtivos que foron pillados in fraganti arredor das 21.00 horas do xoves mentres extraían ameixa de xeito ilegal na praia da Reiboa. Ao percatarse da presenza da Policía intentaron fuxir á carreira e, ao verse acorralados, tiraron parte da ameixa no areal. Os dous son veciños de Poio, con numerosos antecedentes e ben coñecidos pola Policía Local. Aínda que lograron escapar cun saco de bivalvo, a Policía logrou intervir, finalmente, seis quilos. Serán denunciados ante os órganos competentes da Xunta de Galicia.

Comentarios