miércoles. 23.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 23.09.2020
El tiempo

As pistas de tenis de Monte Baldío reabren esta fin de semana cun protocolo de uso

Posta a punto das pistas. CEDIDA
Posta a punto das pistas. CEDIDA
A fase 1 da desescalada contempla a reapertura deste tipo de espazos

A Concellería de Deportes de Poio informou de que a longo deste fin de semana procederase á reapertura das pistas de tenis de Monte Baldío, na parroquia de Raxó, que poderán volver a ser utilizadas polos usuarios e usuarias.

A fase 1 da desescalada contempla a reapertura de espazos como este, no que se poden garantir as distancias de seguridade. A tal efecto, durante os últimos días operarios municipais xa estiveron traballando nas instalacións para pasarlles revista e poñelas a punto.

O Concello de Poio elaborou un protocolo de uso destas dependencias, no que se especifica, por exemplo, que o acceso estará permitido exclusivamente para a práctica deportiva de tenis, durante o tempo mínimo necesario para o transcurso dun partido individual ou adestramento. Os vestiarios permanecerán pechados e non se permitirá a entrada de público.

As pistas de tenis de Monte Baldío reabren esta fin de semana cun...
Comentarios