A plataforma antiencoro propón unha limpeza de especies invasoras no Oitavén

A cita será este sábado pola mañá e admítese a todo tipo de voluntarios ► O alcalde de Ponte Caldelas pon a disposición dos veciños toda a información que ten sobre o encoro

Manifestación contra o encoro en Ponte Caldelas. D. P.
photo_camera Manifestación contra o encoro en Ponte Caldelas. DP

A Plataforma en Defensa dos río Verdugo-Oitavén Encoro Non levará a cabo este sábado unha acción social de erradicación de especies invasoras nas beiras do río Oitavén, coordinada por A Rente do Chan e os comuneiros de Gaxate.

Esta é unha das primeiras accións aprobadas pola Plataforma creada para plantexar oposición ás medidas para reforzar o abastecemento de Vigo que pasen por crear un novo salto de contención de auga  e vai orientada á defensa medioambiental do entorno para demostrar a diversidade do espazo que se pretende anegar por un encoro, sobre o que ten a última decisión a Consellería de Infraestruturas da Xunta, segundo defende o colectivo.

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán presentarse provistas de luvas e ferramentas ás 10.00 horas do sábado no Teleclub de Gaxate.

Por outra banda, a Plataforma mantén un contacto directo con representantes veciñais da Fraga, Laxoso e Portasouto, lugares que resultarían afectados no caso de que se decidira construír un encoro no río Verdugo para incorporar a estes lugares á plataforma e ampliar o movemento social.

Andrés Díaz pon o informe a disposición dos veciños e colectivos
Proxecto encoro en Ponte Caldelas
O alcalde examinando o informe do proxecto encoro en Ponte Caldelas. D.P.
Por outra banda, tras facer as consultas xurídicas oportunas, o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, anunciou que o citado estudo está no salón de plenos á disposición da veciñanza e colectivos ue o queiran consultar. "O rural galego non pode ser a gasolineira low cost das cidades, nas que meten eólicos, liñas de alta tensión, encoros e trasvases sen ternos en conta e faltándonos ó respecto", lamenta. Díaz continúa esperando por unha reunión cos institucións para que "se aclare se se vai levar a cabo algunha das propostas que se plantexan".

"Temos claro que pasaremos da loita social á vía xudicial se é preciso. Porque mentres as tres administracións implicadas botan agora todas balóns fóra, teño moi claro que mentres eu sexa alcalde non vou permitir agresións inxustificadas en Ponte Caldelas", insistiu o rexedor.

Comentarios