jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

Poio amplía o prazo para completar o Rexistro de Asociacións e colectivos

A concelleira Silvia Díaz. DAVID FREIRE
A concelleira Silvia Díaz. DAVID FREIRE
O trámite permitirá axilizar as relacións co Concello
A Concellería de Participación Veciñal, Transparencia e Espazos Cidadáns indicou este luns que o procedemento de actualización do Rexistro Municipal de Asociacións seguirá aberto para compensar os problemas que puideran ter os colectivos por mor da pandemia.

Malia que, nun principio, a data límite para que os colectivos e entidades locais presentasen a documentación pertinente era o pasado 31 de xaneiro, as limitacións de mobilidade provocadas polas novas restricións motivan que o Concello aposte por manter aberto o período para a realización deste trámite.

A concelleira responsable desta área, Silvia Díaz, lembra que desde o departamento se presta asesoramento na resolución de dúbidas relacionadas coa obtención do certificado dixital ou o uso da Sede Electrónica municipal.

As asociacións que precisen máis información poden contactar a través do correo electrónico [email protected] ou telefónicamente.

A actualización do Rexistro quere dar cumprimento á normativa vixente de administración electrónica, pro tamén valerá para consolidar e simplificar a comunicación entre as asociacións e o Concello.

Todos aqueles colectivos que forman parte do rexistro deben presentar anualmente a memoria de actividades e orzamento previsto, formas de contacto actualizadas, a composición da súa directiva ou o número de persoas asociadas.

Con isto facilitarase a axilización nas tramitacións a realizar nese ano. Ademais, o Concello tamén ofrece a posibilidade de achegar información como o perfil dos participantes, as súas actividades, programación básica ou os seus espazos virtuais e páxinas web "para dar unha maior visibilidade ao labor e ás iniciativas que desenvolven", indica Díaz.

Poio amplía o prazo para completar o Rexistro de Asociacións e...
Comentarios
ç