martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

Poio anuncia medidas de presión para impedir o traslado da oficina de Abanca

A sucursal de Abanca en Campelo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
A sucursal de Abanca en Campelo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
A Corporación Municipal reafirma o seu «rexeitamento profundo» ao peche da sucursal de Campelo

O Concello reafirma o seu compromiso de tratar de impedir o traslado da oficina de Abanca en Campelo a Combarro, unha medida que a entidade privada pretende aplicar a partir de setembro e que deixaría ao principal núcleo da parroquia de San Xoán sen servizo presencial e tan só cun caixeiro automático. Así o firmaron todos os grupos da Corporación municipal no último Pleno ordinario, no que aprobaron unha moción conxunta encamiñada a intentar evitar o devandito peche.

Entre os puntos que constan no documento destaca a cancelación de contas e retiradas de fondos municipais de Abanca, unha medida que tamén se propón que efectúe o tecido asociativo e a veciñanza en xeral, a modo de presión. Ademais, impulsaranse mobilizacións de protesta e campañas informativas entre a cidadanía. A primeira foi este venres no Centro Sociocultural de Campelo, con representantes de diferentes agrupacións da parroquia de San Xoán, para transmitirlles os pormenores da moción e informarlles de que será o vindeiro xoves cando os dirixentes municipais manteñan unha reunión con dirixentes territoriais de Abanca. Neste encontro, o Goberno local dará traslado das súas peticións e do malestar provocado pola decisión da entidade financieira, que "só busca un beneficio económico, sen ter en conta os prexuízos que o peche pode provocar, especialmente entre a xente maior", sinala o Goberno municipal.

Os portavoces do BNG, PSOE, Avante Poio e PP coincidiron á hora de resaltar a necesidade de "amosarse firmes" co rexeitamento do traslado, xa que, do contrario, a situación podería repetirse no futuro. O Goberno local advirte que nos últimos anos Abanca xa levou a cabo o peche de dúas sucursais, na Seara e en Raxó. Neste último caso, sen deixar habilitado un caixeiro automático, demanda que tamén se lle trasladará aos dirixentes da entidade. "Queremos facerlles ver os problemas que provocará o peche da oficina e o impacto que suporá para o tecido económico da zona, onde non hai que esquecer que están as confrarías e a lonxa, ademais de numerosos negocios", sinala o Concello, que alerta de que a día de hoxe Poio conta só con catro sucursais, a pesares de ser un municipio que supera os 17.000 habitantes e que é un referente turístico nacional.

Entre as medidas propostas na moción tamén se inclúe establecer contactos con outras sucursais e acudir á Federación Galega de Municipios de Provincias (FEGAMP) para que impulse unha reunión conxunta entre cos concellos afectados pola privación de servizos á cidadanía, así como instar ao presidente da Xunta a que dea conta do resultado económico e do custo social que supuxo a liquidación do sistema de caixas públicas de Galicia, que derivou "na privatización e malvenda do servizo".

ALFONSO RUEDA. Neste sentido, o vicepresidente da Xunta sinalou que "o Partido Popular estará representado con diputados autonómicos e provinciais nas manifestacións de Campo Lameiro e Portas. Ante esta situación xeneralizada en outras comunidades e provincias galegas, a Xunta busca unha solución coa extensión dunha rede de caixeiros automáticos. Intentaremos que ningún pobo quede sen sucursais bancarias".

Poio anuncia medidas de presión para impedir o traslado da oficina...
Comentarios
ç