domingo. 07.03.2021 |
El tiempo
domingo. 07.03.2021
El tiempo

Poio auxilia a 20 familias ás que non se lles renova a tarxeta moedeiro

Lotes de alimentos dunha campaña solidaria para familias de Poio. D.P.
Lotes de alimentos dunha campaña solidaria para familias de Poio. D.P.
As tarxetas autonómicas para familias vulnerables non reciben fondos por non estar aprobado o Orzamento da Xunta

O Concello de Poio alerta sobre os problemas que están a padecer varias familias en situación de vulnerabilidade económica no municipio, provocado pola imposibilidade de poder facer uso da Tarxeta Moedeiro, impulsada pola Xunta de Galicia. A responsable do departamento de Servizos Sociais, Rosa Fernández, denuncia que a Administración autonómica a día de hoxe aínda non recargou estas tarxetas renovadas, algo que se fai segundo van caducando. Ao non ter fondos os seus usuarios non poden utilizalas para a compra de produtos de primeira necesidade e alimentos.

Na actualidade son 68 as familias de Poio que dispoñen desta tarxeta, que está pensada para persoas que contan con ingresos mínimos, que varían en función do número de integrantes familiares. Unhas 20 familias xa non dispoñen de fondos nestas tarxetas porquen a Xunta non está renovando os ingresos.

O habitual é que, caso de membros individuais, as recargas sexan ou 150 euros mensuais ou 450 trimestrais, mentres que para familias de tres ou máis integrantes sexan 900 por trimestre, sempre que os demandantes non teñan ingresos de 450 euros ao mes, ou 700 no caso das familias numerosas. Case un tercio das Tarxetas Moedeiro de Poio non están operativas por que "a Xunta de Galicia aínda ten pendente aprobar os seus Orzamentos e, mentres iso non suceda, alegan que non poden efectuar as recargas", denuncia Fernández. "Suponse que esta medida da Xunta se implantou para desconxestionar o traballo que fan os Servizos Sociais dos Concellos e, ante esta falta de previsión, agora mesmo somos nós os que temos que asumir as axudas", critica engadindo que "o Concello non vai deixar de lado ás persoas afectadas" e está a repartir cheques de alimentos. 

Poio auxilia a 20 familias ás que non se lles renova a tarxeta...
Comentarios
ç