sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

Poio salda a súa débeda con Pepe Solla cunha emotiva homenaxe póstuma

Gon Acto homenaje a Pepe Solla padre con presencia de la familia y autoridades. Se descubrirá una placa. A las 19.30h en Rúa do Adro, San Salvador, al lado de Casa Solla. Fotos para gráfica, jueves, 22 abr · 19:30–20:30
Homenaxe a Pepe Solla. GONZALO GARCÍA
O alcalde fixo entrega da insignia de Ouro do Concello a viúva do chef e veciña da localidade, Amelia González

"Me hubiera gustado que mi padre pudiera haber visto en vida este reconocimiento", foron palabras da visiblemente emocionada Teté Solla, filla do falecido chef José González Solla Pepe Solla ao que o Concello de Poio adicou este xoves na rúa do Adro, en San Salvador, nas inmediacións do fogar familiar e coñecido restaurante Casa Solla, un sentido acto na súa memoria. "Mis hermanos y yo necesitábamos que mi madre viera este homenaje, ella es quien más ha perdido y esto le va a dar mucha fuerza. No existe mejor forma de honrar la memoria de mi padre que con esta placa que marcará su nombre en esta casa que con tanto orgullo construyó", agradeceu.

Familiares e autoridades asistiron ao descubrimento da placa na honra do histórico chef, e tamén á entrega da insignia de ouro do Concello por parte do alcalde de Poio á sua esposa e veciña de Poio, Amelia González, alí presente, que foi tamén un dos piares fundamentais da familia, algo que ningún dos intervintes esqueceu destacar nos respectivos discursos. "Sin esta persona que estuvo 59 años a su lado mi padre nunca habría llegado a donde llegó. Estoy tremendamente orgullosa de llevar los apellidos que llevo, y he sentido un orgullo tremendo desde que se nos comunicó la noticia del homenaje", afirmou Teté Solla.

Un momento da emotiva homenaxe a Pepe Solla. GONZALO GARCÍA

Precisamente, a "Amelia, Teté, Suso e Pepe", todos os familiares do chef alí presentes, dirixiuse a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante unha intervención na que non puido deixar de ensalzar "ás mulleres fortes". "Solla foi a pedra e os cimentos, xunto a Amelia, que axudou a que a nosa gastronomía fora unha referencia. Solla construíu un grande proxecto gastronómico, a excelencia neste eido. Debémoslle moito, foi un gran referente. A xente sabe quen é a familia Solla grazas a esa primeira pedra colocada por Pepe e Amelia para que todo o mundo fale da nosa gastronomía. En Pontevedra hai moitas Estrelas Michelín e Pepe Solla foi o pai de todo iso, o cal é un orgullo", sinalou Silva.

Durante o acto, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, amosouse tamén "orgullosa" de ser amiga da familia e destacou a figura de Solla coma "unha gran persoa" e orgulloso poiense. "El dicía que era de Poio", asegurou.

undefined

Por parte da Corporación Municipal interviron a edil de Memoria Histórica, Marga Calgas, e o alcalde, Luciano Sobral. Caldas destacou a traxectoria do falecido chef como "un visionario" ao que "a súa creatividade levou a viaxar para coñecer Europa e, alá polos anos 70, renovou o seu facer, ofrecendo menús totalmente descoñecidos na cociña galega. O seu labor resultou determinante para a gastronomía e a restauración galega contemporánea, dous dos grandes alicerces e atractivos do turismo autóctono na actualidade», asegurou. Neste sentido, explicou, «consideramos que a figura de Pepe Solla é o suficientemente recoñecida, tanto no eido profesional ao máis alto nivel, como a nivel persoal, benquerido pola veciñanza de Poio".

Pechou o acto o alcalde, que tamén tivo palabras amables e cheas de cariño para Solla, un emblema á vez da tradicion e modernidade que traspasou fronteiras. "Pepe sempre tivo presente a nosa terra. Era unha persoa solidaria e colaborou en todo o que puido. Estaba onde podía achegar algo á sociedade e deixa un legado moi importante", destacou Sobral, orgulloso de "ter un veciño coma el, que deixa semente no seu fillo Pepe, e que estaría orgulloso de todos os seus fillos". O alcalde lembrou, ademais, que o acordo foi respaldado de xeito unánime por todos os grupos da Corporación municipal, con representación no acto.

Pechou o descubrimento da placa, un momento visiblemente emotivo, especialmente para a familia do emblemático chef. Nela reza: "Rúa do Adro-Pepe Solla. As veciñas e os veciños da Rúa do Adro e o Concello de Poio lembran que nesta casa viviu coa súa familia José González Solla, Pepe Solla, recoñecido restaurador e embaixador do noso municipio. Poio, 22 de abril de 2021".

A pegada de Pepe Solla descansa agora tamén sobre a pedra. En Poio, para a eternidade.

Pioneiro da gastronomía
José González Solla Pepe Solla, naceu en Poio en 1929. Dende ben novo xa traballaba no merendeiro que rexentaban os seus pais, nunha casa de cor rosa que aínda se conserva na Rúa do Adro, tal e como lembrou a edil de Memoria Histórica, Marga Caldas. O merendeiro foi medrando e Solla, sempre visionario, e que posteriormente viaxaría por Europa, decidiu abrir un restaurante nunha parte deste establecemento.

Así foi como naceu en 1961 Casa Solla, da man de José e Amelia, que fixeron "con moito esforzo, amor e dedicación» o restaurante que «hoxe nos acolle e que se converteu no seu proxecto de vida".

Poio salda a súa débeda con Pepe Solla cunha emotiva homenaxe póstuma
Comentarios
ç