viernes. 16.04.2021 |
El tiempo
viernes. 16.04.2021
El tiempo

Poio celebrará a súa Festa dos Maios virtual a través das redes sociais

A Concellería de Cultura leva semanas recollendo material. CEDIDA
A Concellería de Cultura leva semanas recollendo material. CEDIDA
"Esta é unha das festas principais do noso municipio", lembra Rodríguez Alonso

Se hai un evento de referencia cando chega a primavera a Poio ese é, sen dúbida, a Festa dos Maios. Nin sequera o estado de alarma e o confinamento, motivado pola expansión da Covid-19, impedirá a celebración desta cita tradicional, que, iso si adaptarase ao contexto actual.

A Concellería de Cultura impulsa unha edición especial desta festa emblemática, a través das redes sociais. Esta iniciativa faise posible grazas á colaboración e implicación de numerosos colectivos, que, a través do seu esforzo, "contribúen de xeito decisivo a manter viva esta tradición", tal e como explica a concelleira responsable deste departamento, Raquel Rodríguez.

En condicións normais, nestas datas os participantes afanaríanse na recolleita de flores e nos deseños dos maios. Neste caso, a veciñanza, sen saír das súas vivendas, a través de diferentes fórmulas. E é que as crianzas tamén achegan o seu gran de area, a través, por exemplo, de debuxos nos que explican a importancia dos maios e as orixes que explican os eu arraigo en Poio.

"Esta é unha das festas principais do noso municipio", lembra Rodríguez Alonso, que sinala que, ao longo desta semana, a través do perfil oficial de Poio Cultura irase publicando todo tipo de material vencellado a esta actividade, sendo o punto culminante o venres, día 1. Participarán o Maio Armadiña/Maio Rockeiriño; Fontenla / Laretas; Maiolo/Peque Maio; Saíñas; Vilariño; Maio Pimpín da Asociación Cultural Ronsel; o maio da Asociación de veciños Boureante e o maio A.C. Marepodium.

Poio celebrará a súa Festa dos Maios virtual a través das redes...
Comentarios
ç