martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

Poio destina unha partida de case 20.000 euros para mellorar a estrada da Escusa

undefined
As concelleiras, Marga Caldas e Chelo Besada, supervisando as obras de acondicionamento da estrada. CEDIDA
As obras céntranse no tramo entre Os Canos e Río Mouro Grande e preténdese ter a vía apta para acoller a Subida á Escusa o vindeiro mes

O Concello de Poio está acollendo as obras de acondicionamento na estrada da Escusa que se centran, principalmente, no tramo comprendido entre Os Canos e Río Mouro Grande. Os traballos dos operarios consisten en eliminar as raíces fixadas nas inmediacións da estrada que, en ocasións, podían dificultar o tránsito dos vehículos, así como tamén se está actuando nunha zona na que é necesario corrixir unha serie de deficiencias que foron detectadas no firme.

Trátanse dunhas melloras para as que o Concello de Poio destinou un orzamento que se aproxima aos 20.000 euros.

Pola súa banda, as concelleiras de Obras e de Deportes, a socialista Chelo Besada e a nacionalista Marga Caldas, pasaron revista ás obras de mellora que se están a levar a cabo na estrada da Escusa para asegurarse de que as labores se están emprendendo de maneira axeitada e que avanzan adecuadamente segundo o pactado.

As concelleiras Chelo Besada e Marga Caldas manifestaron que "os traballos estarán finalizados ao longo dos vindeiros días"

Así mesmo, o que tamén se pretende con esta actuación, segundo expresa o equipo do Goberno local, é "ter esta estrada nas mellores condicións posibles de cara á celebración da proba da Subida á Escusa", que terá lugar o vindeiro mes de setembro e que o concello de Poio volverá a acoller, logo de ter que proceder a súa suspensión o ano pasado por mor da pandemia derivada da COVID-19. Neste sentido, a intención da Concellería de Deportes é que "esta competición sirva como antesala de cara a poder acoller no futuro o Campionato de España", tal e como recoñeceu a edil Marga Caldas.

Á par, sinalar que as concelleiras, Chelo Besada e Marga Caldas, manifestaron que "os traballos estarán finalizados ao longo dos vindeiros días".

Poio destina unha partida de case 20.000 euros para mellorar a...
Comentarios
ç