Poio divulga o Combarro histórico e monumental coa ‘city chase’ escolar

A Concellería de Educación e Cultura promove a actividade divulgativa entre as escolas locais
Alumnos e alumnas do CEIP Chancelas, na xornada de búsqueda. G. GARCÍA
photo_camera Alumnos e alumnas do CEIP Chancelas, na xornada de búsqueda. G. GARCÍA

Combarro cumpre este 2022 50 anos como Conxunto Histórico Artístico, pero a historia da vila pode ser unha das máis antigas do municipio. Crese que pode ter orixe nun poboado castrexo do século I. Este dato e outros forman parte do impresionante legado de información en torno a este lugar, emblemático da arquitectura popular galega, e un dos pobos máis pintorescos e ben conservados de España. Pero toda esa información pode non resultar interesante cando un ten dez ou once anos e moitas asignaturas escolares ás que atender.

O Concello de Poio vén de estrear unha actividade ideada para celebrar o 50 aniversario do Conxunto Histórico Artístico coa rapazada dun xeito lúdico e divulgativo. Trátase dunha actividade de rastrexo denominada Combarro City Chase e posta en marcha pola Concellería de Educación en cooperación cos colexios que este mércores botou a andaar con 31 estudantes do CEIP Chancelas

Os rapaces e rapazas levan algún tempo traballando nas aulas sobre o núcleo histórico e as súas principais características. Na xornada a pé de rúa, o seu cometido é atopar distintos recunchos ou puntos emblemáticos da vila, algúns deles menos coñecidos para o público que normalmente visita Combarro, ou que destacan por estar vinculados con algunha curiosidade. Para resolver este reto, os alumnos e alumnas dispoñen de cámaras dixitais e mapas da vila, ademais de contar co asesoramento de monitores e monitoras de Marexada que lles axudan na búsqueda, que dura, aproximadamente, hora e media.

Na primeira xornada o estudantado contou coa presenza da edil de Cultura, Raquel Rodríguez, e da responsable de Patrimonio, Marga Caldas, que animaron aos e ás asistentes antes de realizaren a tarefa.

Nas próximas quendas desenvolverase o mesmo xogo con nenos e nenas dos CEIP Lourido e Viñas (alumnado de quinto curso, que acudirá hoxe) mentras que os CEIPS Espedregada e Isidora Riestra gozarán desta proposta o vindeiro martes. A proposta adiouse varios días por mor da chuvia xa que precisa boas condicións meteorolóxicas para se desenvolver.

"Esta é una fórmula eficaz, amena e divertida para que os nosos nenos e nenas poidan coñecer Combarro dunha forma máis completa, e sendo conscientes dos segredos que moitas veces poden pasar desapercibidos aos visitantes", relatou a edil de Cultura, o mércores, na primeira xornada da actividade. 

Comentarios