
A estrutura foi enviada pola Xunta e os traballos concluirán cando deixe de chover e se poida colocar o cristal
O Concello de Poio vén de instalar unha marquesiña na parada de bus situada no punto quilométrico 10,3 da PO-308, en Raxó.
Os operarios procederon á instalación, logo de que a estrutura fora enviada pola Xunta e os traballos concluirán cando deixe de chover e se poida colocar o cristal.