A Policía Local de Poio localiza un can maltratado nunha vivenda

A clínica informou de que existe tamén unha falta de asistencia veterinaria e de coidados
O can rescatado. POLICÍA DE POIO
photo_camera O can rescatado. POLICÍA DE POIO

A Policía Local de Poio vén de propoñer un expediente ao propietario dun can, despois de que a finais do pasado mes de agosto localizara ao animal nunha propiedade privada totalmente abandonado.

Así o explicaron dende o corpo de seguride que, dado o estado do can, tivo que trasladalo ao veterinario municipal, onde se verificou un presunto maltrato e abandono, pois estaba cheo de pulgas e parásitos.

Posteriormente, a clínica informou de que existe tamén unha falta de asistencia veterinaria e de coidados, polo que o animal ten anemia, e vese comprometida a súa vida e benestar.

Por este motivo, os axentes deron conta da infracción á Consellería, apelando á Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía para depurar responsabilidades.

O can está vivo, baixo custodia dos donos, pero con supervisión policial para asegurarse de que mellora o seu estado.