jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

Poio quere "rachar prexuízos sobre o uso do galego" cunha campaña para os mozos

Luciano Sobral e Marga Caldas durante a presentación. GONZALO GARCÍA
Luciano Sobral e Marga Caldas durante a presentación. GONZALO GARCÍA
O alcalde, Luciano Sobral, e a concelleira Marga Caldas, presentaron este mércores 'O que se dá non se quita', orientada ás redes

A Concellería de Normalización Lingüística busca "rachar prexuízos sobre o uso do galego entre a xuventude", e lanza O que non se dá non se quita, unha campaña para promover e fomentar o uso da lingua galega no municipio. O alcalde, Luciano Sobral, e a concelleira titular deste departamento, Marga Caldas, presentaron este mércoresa iniciativa, que se centrará nas redes sociais para tratar de chegar ao maior número de persoas no menor tempo posible.

Caldas Moreira explicou que "en moitas ocasións sucede que non nos atrevemos a utilizar un idioma por medo a trabucarnos, o que fai que acabemos refuxiándonos, por así dicilo, no castelán. A través desta proposta, queremos eliminar esa sensación entre a nosa veciñanza, porque ese tipo de mentalidade é a que, de xeito inconsciente, nos pode afastar da lingua galega, coa conseguinte perda no seu uso".

As mensaxes que aparecerán nas redes sociais terán un ton positivo, e combinaranse con animacións virtuais. Ademais, espérase a colaboración de Educación para difundilas tamén nos colexios.

Caldas Moreira adiantou tamén que, de cara ao 2021, levarase a cabo outra campaña na hostelería vencellada, coma esta, á nova Ordenanza de Normalización Lingüística.

Poio quere "rachar prexuízos sobre o uso do galego" cunha campaña...
Comentarios
ç