Poio demanda a eliminación definitiva da fenda de xénero nun acto no concello

A tenente de alcalde, Silvia Díaz,  foi e encargada de dar lectura á moción conxunta elaborada e apoiada por todos os grupos da Corporación local
Acto polo 8-M no concello de Poio. DP
photo_camera Acto polo 8-M no concello de Poio. DP

A tenente de alcalde de Poio, Silvia Díaz, como responsable da área de Igualdade, foi e encargada de dar lectura á moción conxunta elaborada e apoiada por todos os grupos da Corporación local, coa que se defende a necesidade e a importancia de reivindicar a figura da muller, ao tempo que insta ás institucións e á cidadanía a que continúen avanzando cara a eliminación definitiva da fenda de xénero,  consolidando a igualdade.

A lectura realizouse no transcurso do paro institucional que este ano se celebrou no salón de plenos do Concello, ante o mal tempo.

Integrantes dos catro partidos con representación na Corporación, persoal municipal e representantes dos colectivos que forman parte do Consello Municipal da Muller de Poio, así como as responsables do Centro de Información á Muller (CIM) uníronse a esta convocatoria co que se inician os actos do 8-M no municipio.

Comentarios