martes. 03.08.2021 |
El tiempo
martes. 03.08.2021
El tiempo

Poio recupera o nivel de "excelente" nas augas da praia de Raxó

Praia de Raxó, que pasa a formar parte da lista de Praias sen fume. DP
Praia de Raxó, que pasa a formar parte da lista de Praias sen fume. DP
O areal non tiña ese nivel desde 2016, data na que a auga resultara "non apta"

As praias de Poio inician a temporada estival nun niveis máximos de excelencia no que á calidade das augas se refire. Así consta nun informe técnico do que dispón a Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Xosé Luís Martínez, que constata que se obtivo a máxima puntuación en 14 dos 15 areais existentes no municipio que están habilitados para o baño.

Este documento realízase tendo en conta as análises realizadas unha vez finalizado o exercicio anterior. No mesmo, figuran os exames realizados polos especialistas que constatan unha evolución positiva da calidade da auga na praia de Raxó, que vén de acadar, por primeira vez desde hai máis de cinco anos o nivel de excelente.

As análises distinguen catro estatus diferentes: excelente, boa, suficiente e non apta para o baño. Precisamente, tal e como lembra Martínez Blanco, en 2016 as probas realizadas determinaron que, de xeito temporal, o areal non fose recomendable para o baño. "Desde entón, as actuacións impulsadas polo Concello serviron para que a evolución da calidade da auga nesta praia, unha das máis coñecidas do municipio, fose moi positiva", sinala.

Un total de 14 praias das 15 locais obteñen sobresaínte

Desde 2016 ata o 2020, a mellora foi progresiva, xa que en 2017 volveu a ser considerada como apta para o baño, ao igual que en 2018, mentres que en 2019 ascendeu ao nivel de boa.

Outra praia que tamén experimenta unha mellora é a do Laño, na parroquia de Samieira. Por primeira vez desde hai varios anos, a auga pasa ser definida como boa. "En anos anteriores, O Laño era apta para o baño, pero agora conseguimos dar un paso máis alá", celebra Martínez, que sinala os resultados como "os mellores do último lustro".

As praias con nivel de excelente na calidade da súas augas son Xiorto, Raxó, Sinás, Fontemaior, O Laño, Covelo, Area da Barca, Ouriceira, Chancelas, Chancelas Pequena, A Canteira, O Padrón, Campelo, Lourido e Cabeceira. Esta última, un ano máis, lucirá a bandeira azul, outorgada por Adeac.

Poio recupera o nivel de "excelente" nas augas da praia de Raxó
Comentarios
ç