domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Poio reforza a limpeza dos cemiterios de cara ao día de Defuntos

Zona axardinada do camposanto de San Xoán. DP
Zona axardinada do camposanto de San Xoán. DP
O Concello mantén o operativo de limpeza nos camposantos municipais e adecúa os accesos nos de xestión parroquial ou veciñal

O Concello de Poio mantén os traballos de posta a punto nos camposantos municipais desde hai xa varias xornadas. O zafarrancho de cara ao Día de Todos os Santos supón, tal e como lembra o Concello, un reforzo sobre os labores que se desenvolven con regularidade durante todo o ano.

Deste xeito, desde a semana pasada no cemiterio de San Xoán estase procedendo á limpeza interior das dependencias, que son de titularidade do Concello.

Ademais, tamén se están a levar a cabo tarefas de xardinería, mantemento de instalación eléctrica e arranxo do alumeado. Con respecto aos cemiterios xestionados por comisións parroquiais, a Administración municipal está realizando traballos de limpeza nos acesos e proximidades.

Por outra banda, tal e como xa é habitual, a empresa responsable da xestión de residuos en Poio, Valoriza, procederá a reforzar a dotación de contedores de lixo con motivo desta data, dado que se incrementa expoñencialmente o número de visitas, e os propios particulares tamén acometen limpezas e substitucións de elementos ornamentais en cada panteón.

O Concello tamén lembra que se habilitarán os dispositivos habituais para garantir a fluidez de tráfico nos acesos. Así o garantiu a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, e o responsable de Sanidade, Xosé Luís Martínez, que tamén quixo mandar unha mensaxe de prudencia á veciñanzae. "Vimos de entrar nunha nova normalidade que permite que practicamente este día volva a celebrarse de xeito similar a de anos previos á pandemia, pero non podemos baixar a garda" sinalan os edís do Goberno local, que apelan ao uso de máscara cando non se poida manter a distancia de 1,5 metros entre non convivintes, ademais de evitar aglomeracións.

Poio reforza a limpeza dos cemiterios de cara ao día de Defuntos
Comentarios
ç