viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Poio renova o acordo para que o 012 retire os niños de velutina do seu territorio

undefined
Un niño de vespa velutina retirado en Poio en 2018. RAFA FARIÑA
O edil de Medio Ambiente, Xosé Luís Martínez, anima a iniciar os trampeos este trimestre, esenciais para reducir á especie

O Concello de Poio vén de renovar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), así como coa Xunta, o convenio para garantir a vixía e control da vespa velutina.

A Administración local xa se sumou a este acordo no ano 2020, a través do cal se habilita un número de teléfono ás persoas afectadas pola presenza de niños (o 012), para solicitar a súa retirada. Nos anos anteriores, 2019 e 2018 respectivamenbte,

O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Luís Martínez, lembra que a primavera é a estación chave á hora de loitar contra a velutina. "Os meses de marzo, abril e maio son fundamentais á hora de tomar medidas contra este insecto, xa que é agora cando as raíñas están fóra dos niños e as vespas atópanse en plena fase de construción". O departamento dirixido polo edil nacionalista, ademais de revalidar o convenio coa Fegamp e a Xunta, tamén fai un chamamento á cidadanía para que se implique na creación de trampas para esta especie. Trátase dun proceso "sinxelo e que podemos realizar na casa e que resulta tremendamente efectivo", indica.

Para a súa elaboración, é preciso utilizar unha botella de plástico (de 1,5 ou 2 litros). Na parte superior realizaranse dous buracos enfrontados, cun diámetro de entre 8,5 milímetros e un centímetro, mediante o uso dunha broca para madeira ou cun cravo ou ferro dese diámetro. "Respectar este tamaño é importante", resalta Xosé Luís Martínez, xa que "deste xeito impedimos que accedan á trampa outros polinizadores como abellóns ou bolboretas non entren".

Xusto debaixo destes buracos, repítese a operación para os de saída, tamén enfrontados, cun diámetro de entre 4 e 7 milímetros para que todo insecto máis pequeno ca unha velutina poida fuxir en caso de caer na trampa. En canto á utilización de reclamos, recoméndase combinar auga, azucre e levadura e renovar o fluido cada dúas ou tres semanas.

Poio renova o acordo para que o 012 retire os niños de velutina do...
Comentarios
ç