jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

Poio será o primeiro Concello en galeguizar as tramitacións policiais

A Policía Local de Poio, este mércores durante a formación. CEDIDA
A Policía Local de Poio, este mércores durante a formación. CEDIDA
A Policía Local poderá realizar a tramitación de partes e atestados en galego, un paso "importante" de cara á normalización lingüística

O Concello de Poio será pioneiro á hora de galeguizar a xestión e os trámites que desenvolve habitualmente a Policía Local. Todos os integrantes do corpo de seguridade municipal participaron este mércores nun curso formativo específico, impartido polos responsables de XesPol, unha ferramenta que os axentes levan utilizando dende o pasado verán, e que sirve para axilizar a elaboración de todo tipo de dilixencias.

A partir de agora, o dispositivo estará tamén en galego. A Concellería de Seguridade Cidadá e Normalización Lingüística salienta que este é o primeiro municipio de Galicia que adopta esta medida. Unha vez finalice o proceso, a Policía Local poderá redactar os partes e tramitacións en galego, algo que ata o de agora non era posible. A titular desta área, a nacionalista Marga Caldas, explica que "este paso que damos é moi importante, xa que supón un paso máis para normalizar a nosa lingua a nivel institucional".

Cómpre lembrar que a Policía Local de Poio adheriuse a Xespol en agosto de 2019. Foi entón cando o Concello firmou o convenio cos responsables desta ferramenta, que conta con máis de 300 documentos de topo tipo e conecta con máis de 40 bases de datos diferentes. Isto axuda a reducir de xeito drástico os tempos de tramitación de atestados e partes, o que redunda na efectividade do labor dos axentes do corpo de seguridade. O curso formativo desenvolveuse durante a tarde do mércores nas dependencias da Policía Local, en San Salvador.

No eido das ferramentas ao alcance da Policía Local de Poio dentro de XesPol, tamén conta, dende principios de ano, cunha ferramenta que pode axudar a evitar casos de violencia machista. Trátase dunha acta de campo que os axentes utilizan para recabar datos in situ na súa primeira aistencia no lugar no que foron requeridos ante unha posible agresión machista. Deste xeito, ao completarse o informe, o corpo pasa a ter constancia dos detalles do suceso, datos de alerta e das persoas presentes no lugar dos feitos, así como da propia víctima e das medidas.Esta ferramenta incluiuse en dita plataforma, a partir da que os membros do corpo xestionan de xeito áxil as diferentes actuacións que levan a cabo no seu día a día. Poio foi o primeiro municipio en engadir esta plataforma, impulsada por Katerina Pena, policía local de Carballo.

Poio será o primeiro Concello en galeguizar as tramitacións policiais
Comentarios
ç