miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

Poio solicita axudas á Xunta eao Goberno para as confrarías

Xunta de voceiros presencial e telemática, este luns no Concello de Poio. DP
Xunta de voceiros presencial e telemática, este luns no Concello de Poio. DP
A Corporación municipal alertou na xunta de voceiros sobre a baixada das vendas no sector do marisqueo e da imposibilidade de cumprir as medidas de seguridade durante a actividade

A situación do marisqueo, un dos principais motores económicos para as familias de Poio foi o principal punto do día que se tratou este luns na xunta de voceiros que se celebrou de xeito presencial e por vía telemática no Concello de Poio. Durante a sesión, o tripartito formado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), PSdeG-PSOE e Avante, e o Partido Popular na oposición, acordaron, de xeito unánime, remitir tanto á Xunta de Galicia como ao Goberno central un escrito no que solicitan que se impulsen diferentes medidas para axudar aos profesionais do marisqueo a pé e a flote, así como a súa paralización temporal.

A Corporación municipal salientou que este sector é un dos máis golpeados pola situación actual, xa que o nivel de vendas descendeu notablemente dende que se decretara o estado de alarma. A paralización de actividades como a hostalería están pasando factura ás confrarías, polo que os grupos políticos acordaron elaborar o escrito dirixido ás administracións estatal e autonómica, no que tamén advirten das dificultades que, en moitas ocasións, teñen para dar debido cumprimento ás normas e recomendacións establecidas para evitar os contaxios, como o mantemento dunha distancia mínima de seguridade. A actividade pesqueira está incluida no listado de traballos de carácter imprescindible que se permiten desenvolver despois da modificación do decreto do estado de alarma, que limita drásticamente as actividades profesionais que se permitirán ata o vindeiro 9 de abril, en pleno confinamento.

O Concello segue perfilando a suspensión do pago en periodo de voluntaria de varias taxas, unha medida que se aplicará a impostos como o de vehículos, o lixo, abastecemento ou o saneamento. Nestes casos, afectará ao segundo bimestre do ano –marzo e abril-. O implemento determinarase unha vez que a Xunta de Galicia e o Executivo estatal determinen as liñas a seguir cando a situación volva á normalidade.

Poio solicita axudas á Xunta eao Goberno para as confrarías
Comentarios