miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

Poio tramita unha queixa cada catro días polas eivas da fibra óptica e Internet

Una estudiante utiliza su ordenador portátil. EUROPA PRESS
Una estudiante utiliza su ordenador portátil. EUROPA PRESS
Samieira e San Salvador, os puntos onde se acumulan máis problemas ►A maior parte das reclamacións diríxese a Telefónica

Unha denuncia cada catro días, aproximadamente, desde a súa apertura. Ese está a ser o saldo de demanda do punto de información habilitado no Concello de Poio, a través da Concellería de Promoción Económica, para cuestión relacionadas coa dotación de fibra óptica.

O Concello indicou que dous meses e medio despois de poñer en funcionamento este servizo, a finais do mes de xuño, o persoal destinado a esta finalidade vén de tramitar máis de 20 xestións. O concelleiro responsable deste departamento, Gregorio Agís, lembra que este servizo púxose en marcha para poder atender ás persoas afectadas polo incumprimento por parte da empresa Telefónica. As reclamacións e queixas son tramitadas por un técnico municipal e remitidas posteriormente á empresa. Esta atención ao público realízase semanalmente os xoves de 12.00 a 14.00 horas.

"O que facemos é asesorar e dar información para resolver as dúbidas que poida ter a veciñanza, ademais de dar traslado a Telefónica das queixas", indica Agís. O edil salienta que as incidencias que se recibiron proveñen das cinco parroquias, se ben a meirande parte corresponden a veciños e veciñas de Samieira e San Salvador. O responsable de Promoción Económica insiste en que Telefónica "está obrigada a estender a fibra óptica por todo o término municipal antes de que remate o ano, tal e como establece o Plan Sectorial de Despegue de Banda Ancha".

Agís tamén recalca o compromiso establecido por parte da Administración municipal para "tratar de facilitar e axilizar os procesos, dentro das nosas competencias". Proba disto é, por exemplo, o informe favorable emitido pola Xunta de Goberno Local hai unhas semanas para permitir unha actuación de Telefónica en Monte Bouza, Samieira.

Por outra banda, Poio responderá á necesidade de fomentar a libre competencia na fibra óptica dando luz verde a un proxecto de rede aberta, que permitiría o acceso en igualdade de condicións a todos os operadores.

Poio tramita unha queixa cada catro días polas eivas da fibra...
Comentarios
ç