Poio triplicará o número de composteiros colectivos en San Salvador

Á ampliación en Rosalía de Castro unirá os de Valiña e Río Umia, e estuda ubicar un en Ánkar
Besada e Agís no encontro mantido coa mestra composteira en Rosalía de Castro. DP
photo_camera Besada e Agís no encontro mantido coa mestra composteira en Rosalía de Castro. DP

O Concello de Poio avanza un chanzo máis no seu camiño de cara á implantación da compostaxe para alixeirar o peso do contenedor xenérico, al triplicar a instalación de centros de compostaxe comunitaria (CCC) na parroquia de San Salvador.

Este núcleo, por ser o máis populoso do Concello, contou co primeiro composteiro de formato compartido na zona de Rosalía de Castro, Ferreirós, onde agora o Concello se plantea unha ampliación da dotación, dado o importante nivel de uso detectado.

A edil de Servizos, Chelo Besada, e o tamén concelleiro Gregorio Agís visitaron este luns este centro, no que constataron que moitos usuarios traen o refugallo orgánico desde rúas afastadas do núcleo, motivo polo que se decidiu ubicar outros dous centros de compostaxe comunitaria na parroquia. Un deles situarase en Río Umia, rúa pertencente á Caeira, e outro na rúa Valiña.

Nos últimos días, os operarios municipais finalizaron os traballos para a posta a punto das bases nas que se colocarán os composteiros, que corren ao cargo da Deputación.

Chelo Besada tamén recorda á veciñanza que a Administración local segue a poñer a disposición de todas as persoas interesadas sacos de compost tratado no composteiro de Rosalía de Castro.

En canto á expansión do Plan Revitaliza, o Concello mantén en estudo ubicar outro centro no parque de Ánkar antes de dar ese paso.

Comentarios