Póker de ases musical para desfrutar do verán en Poio

Panorama, París de Noia, El Combo Dominicano, Olympus e América pasarán polas distintas festas e festivais ▶ O edil de Festexos anuncia que haberá grandes grupos en todas as citas importantes
Actuación del Combo Dominicano en A Seca (Poio) en septiembre del pasado año. GONZALO GARCÍA
photo_camera Actuación do Combo Dominicano en A Seca. GONZALO GARCÍA

A Concellería de Festexos, dirixida polo nacionalista Xosé Luís Martínez, xa ten practicamente pechada a programación do Verán en Poio, que comezará o día 22 de xuño, co inicio das Festas de San Xoán, e se prolongará ata finais de setembro coas Festas da Merced.

Ao igual que en edicións anteriores, a través desta iniciativa garántase a chegada de grandes grupos musicais e orquestras de referencia ao municipio, ofrecendo actuacións en todas as parroquias e reafirmándose, deste xeito, como un gran reclamo tanta para a veciñanza como para as persoas que visitan Poio durante a tempada estival.

Deste xeito, nas Festas de San Xoán actuarán na Seca tanto Panorama como París de Noia. Xa no mes de xullo, volve o Sons de Ánkar, en San Salvador, un festival que se realiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra e que chega a súa terceira edición. "Esta é unha cita que naceu durante a pandemia e que tivo unha gran resposta no que a asistencia se refire, polo que apostamos por volver a facela realidade", explica Xosé Luís Martínez, que adianta que o 8 de xullo actuará Baiuca no marco desa convoctoria.

Este evento pecharase con outra actuación de renome que aínda se mantén en segredo pero que se presentará proximamente, indica o mesmo concelleiro.
Pola súa banda, o de agosto será un dos meses máis intensos da programación de Verán en Poio. Nas primeiras xornadas, terá lugar o Festival Chalaniña, en Lourido, pensado para as crianzas. Ademais, a Festa do Mar reepetirá formato con respecto a 2021 e aglutinará varias actuacións musicais en diferentes parroquias. Así, en Raxó actuarán Olympus e Doctor Queen, mentres que El Combo Dominicano ofrecerá un concerto en Samieira.

ABBA. Pola súa banda, Combarro, ademais de acoller o Armadiña Rock, tamén será o lugar no que actúe Gisela e a banda Tributo a ABBA.

Na Festa da Ameixa de Campelo, xa en setembro, está confirmada a presencia da orquestra América. "Ao longo dos vindeiros meses iremos dando a coñecer a programación específica de cada unha das citas que forman parte deste Verán en Poio, que promete ser un gran atractivo para gozar desta época do ano tanto para a veciñanza como para os e as turistas", conclúe.

Nova normalidade
Martínez Blanco, quen tamén lembra que algúns dos grupos e orquestras que serán protagonistas do Verán en Poio xa actuaron o ano pasado, con gran asistencia. Sen embargo, "foron actuacións moi condicionadas pola situación sanitaria e as restricións e limitacións que era preciso acometer para garantir a seguridade. Nesta etapa de nova normalidade, queremos que a cidadanía volva gozar cos concertos e verbenas como se facía antes", salienta.

Comentarios