A Policía Local de Poio denuncia a propietaria dun can calificado PPP sen licencia

Os axentes tamén identificaron nas últimas horas un veciño que raiou o vehículo doutro 
Policía Local de Poio.DP
photo_camera Policía Local de Poio.DP

A Policía Local de Poio propuxo para sanción a unha muller, propietaria dun can calificado como PPP (Perro Potencialmente Peligroso), de raza American Stranfford Terrier, en resposta a un requerimento que alertaba de que dito animal se atopaba solto na rúa. Tras identificar a persoa propietaria, os axentes puideron comprobar que o animal carece de licencia municipal, ademais de non ter seguro, e que tampouco se atopaba rexistrado.

A proposta de sanción foi tramitada ante a Consellería de Medio Ambiente da Xunta, e pode supoñer un importe a aboar para a persoa propietaria de entre 150,25 e 15.025,30 euros. Neste sentido, contémplase como moi grave o feito de ter PPP sen licencia, e como infraccións graves deixar solto ao animal, ou ben non adoptar as medidas necesarias, así como omitir a súa inscrición no Rexistro.

CONFLITO VECIÑAL. A Policía Local tamén identificou nas últimas horas un veciño de Poio que chegou a unha conformidade por raiar o vehículo doutro veciño do municipio, mediando no conflito entre ambas partes. Neste sentido, o primeiro veciño (o denunciado), atopábase citado para un xuízo inmediato por un presunto delito de danos. A Policía Local instruiu dilixencias xudiciais logo de recoller a denuncia do perxudicado e, finalmente, o denunciado accedeu a pagar os danos efectuados no vehículo.