A Policía Local de Poio idea unha maqueta para os cativos

O corpo de seguridade puxo a disposición da veciñanza un arquivo recortable cunha recreación dos seus automóbiles que xa acumula máis de 450 descargas
2020041814054414633
photo_camera Maqueta proposta pola Policía Local de Poio. CEDIDA

A Policía Local de Poio quixo achegar o seu gran de area para tratar de amenizar o confinamento aos máis cativos coa actualización dunha actividade na páxina web municipal, onde ofrece a posibilidade de descargar un arquivo recortable para crear unha maqueta de cartón dunha recreación dos automóbiles oficiais que utilizan os axentes policiais de Poio. O material púxose a disposición da veciñanza e está a resultar "todo un éxito", tal e como reflicten as máis de 450 descargas realizadas en menos dunha semana. Ademais, a Policía Local tamén se ofrece a publicar nas súas redes sociais as fotografías que envíen aquelas familias interesadas en amosar o traballo realizado con esta maqueta.

Esta iniciativa enmárcase dentro da folla de ruta que segue a Concellería de Seguridade Cidadá á hora de impulsar actividades e programas pensados para a rapazada.

NOVOS AXENTES. Poio conta dende o pasado luns con dous novos reforzos. Trátase de dous auxiliares que se incorporan ao corpo de seguridade municipal durante un período de catro meses. As novas incorporacións foron recibidas polo alcalde, Luciano Sobral, e máis membros do Concello que a sinalaron a importancia de contar con estes reforzos para poder continuar desenvolvendo os dispositivos durante o estado de alarma.

Comentarios