A Policía Local de Poio detecta tres taxis incumprindo a normativa de transporte escolar

Algunhas familias do concello atopan neste servizo unha maneira cómoda de que os seus fillos vaian o colexio ou instituto

Un axente da Policía Local de Poio realizando unha inspección nun autobús. DP
photo_camera Un axente da Policía Local de Poio realizando unha inspección nun autobús. DP

A Policía Local de Poio detectou tres taxis que carecen da autorización para realizar transporte público regular de uso escolar polo que os axentes municipais procederon a trasladar os expedientes o Servizo de Mobilidade de Transportes da Xunta, que son os competentes para a sanción.

Algunhas familias de Poio atopan no servizo de taxi unha maneira cómoda de que os seus fillos vaian o colexio ou instituto pero deben asegurarse que os vehículos cumpren cos requisitos necesarios para a prestación de este servizo.

O taxi deberá cumprir tódolos requisitos previstos no RD 443/2001 do 27 de abril sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores.  A Lei de Ordenación  de transportes terrestres recolle como infracción moi grave non posuír a autorización especial para transportar escolares. Ademáis deberán dispor no vehículo do libro de ruta dilixenciado polo servizo de mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Comentarios