Deteñen a cinco mariscadores furtivos que extraían ameixa en Poio

A Policía Local indentificou aos individuos, que se atopaban nas proximidades de praia da Illa dos Ratos
Un dos axentes que participaron no operativo. CEDIDA
photo_camera Un dos axentes que participaron no operativo. CEDIDA

A Policía Local de Poio detivo este sábado a cinco furtivos que se atopaban extraendo ameixa de forma ilegal nas proximidades da praia da Illa dos Ratos. Os axentes acudiron ata o lugar despois de recibir a alerta de que varias persoas sen licencia mariscaban pola zona. 

Os policías identificaron a cinco veciños, que nun primeiro momento non levaban consigo o molusco. Esto débese a que o grupo funciona de xeito organizado, extraendo a ameixa en sacos e agochándoa posteriormente en diferentes puntos do monte

Os axentes localizaron doce quilos de ameixa, seis deles de tamaño antirregulamentario.

Comentarios