martes. 26.01.2021 |
El tiempo
martes. 26.01.2021
El tiempo

A Policía de Poio e a DGT inicia unha campaña de vixilancia do transporte escolar

Un control da policía local a un autobús. POLICÍA LOCAL DE POIO
Un control da policía local a un autobús. POLICÍA LOCAL DE POIO

A Policía Local de Poio levará a cabo a partir do luns unha campaña e colaboración en colaboración coa DGT de vixilancia e control do transporte escolar. En concreto, a iniciativa estenderase do día 30 de novembro ao 4 de decembro. 

Os axentes intensificarán as inspeccións sobre os vehículos destinados ao transporte escolar, comprobando que as autorizacións e documentos que deben ter sexan os correctos para a prestación do servizo.

A Policía Local tamén informa de que se verificará que as condicións técnicas e elementos de seguridade do vehículo son os que esixe a normativa, así como os requisitos especiais que debe cumprir o propio condutor, como son o permiso de condución ou os tempos de condución e descanso. Realizaranse ademais probas de alcol e drogas, vixiando en especial as medidas anticovid.

A Policía de Poio e a DGT inicia unha campaña de vixilancia do...
Comentarios