A Policía Local de Poio, distinguida polas súas campañas para mellorar a seguridade

Policía Local de Poio. DP
photo_camera Policía Local de Poio. DP

A Policía Local de Poio recibe unha distinción de AXEMPOL (Asociación de Xefes de corpo e Mandos de Policía Local de Galicia) e de UNIJEPOL (Unión Nacional de Jefes e Directivos de Policía Local) en recoñecemento as boas prácticas en educación e seguridade viaria.

Os axentes de Poio, explica o corpo nun comunicado, levaron nos últimos anos a cabo diferentes accións encamiñadas a incrementar a seguridade no municipio, "atendendo especialmente aos mais vulnerables". 

A Policía de Poio recollerá a súa distinción o vindeiro 25 de outubro na AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública) no III Encontró das Policías Locais de Galicia.

Comentarios