martes. 24.09.2019 |
El tiempo
martes. 24.09.2019
El tiempo

Ponte Caldelas acepta o reto dun veciño e creará unha nova Festa do Tractorista

Unha das marchas de tractores para esparcir a palla polo monte no 2017. RAFA FARIÑA
Unha das marchas de tractores para esparcir a palla polo monte no 2017. RAFA FARIÑA

Couselo viña notando que se creaba un gran ambiente nas citas anuais para pasar a ITV agrícola, que ademais conta con "visitantes" doutros concellos

Ser tractorista, ter un tractor, ou ser un amante dos vehículos agrícolas son condicións que nunca foran celebradas por si mesmas, aínda que si enxalzadas en outros eventos e feiras agrícolas. O Concello de Ponte Caldelas vén de poñerlle fin a esa tónica coa convocatoria da I Festa do Tractor, ou tractorada, que se celebrará o 24 de marzo na vila. A entidade municipal e a Asociación Amigos da Troita fanse así eco da proposta dun veciño, Carlos Couselo, que emprega esta máquina para traballos agrícolas e demais actividades. Couselo viña notando que se creaba un gran ambiente nas citas anuais para pasar a ITV agrícola, que ademais conta con "visitantes" doutros concellos, e nesas mesmas xornadas, pensou que era posible unha festa do tractor ou tractorada festiva. Para a primeira convocatoria hai planeadas diversas competicións en Chan da Barcia e mostras na Praza de España, premios para os máis antigos, fermosos e un recoñecemento para os que axudaron a facer o "mulching" nos incendios de 2017, uns 30 tractoristas.

Ponte Caldelas acepta o reto dun veciño e creará unha nova Festa do...
Comentarios