Ponte Caldelas adereza as melloras urbanas con bancos con USB e papeleiras con cinceiro

Os novos elementos de mobiliario urbano repartíronse pola Praza do Bispo, a Avenida de Pontevedra e a rúa González Besada
undefined
photo_camera Os novos bancos teñen dous USB cada un. CEDIDA/ D. P

O Concello de Ponte Caldelas vén de instalar novo mobiliario urbano en varios puntos da vila nos que había pendente unha renovación despois das obras de reforma do centro urbano ou nos que se fixo preciso substituír os elementos anteriores e se optou por outros máis acordes cos que xa están en uso en distintos puntos da zona urbana.

Así, co obxectivo de seguir mellorando a vila, o Concello vén de instalar tres bancos con iluminación LED e cargador de USB, varias xardineiras e 11 papeleiras.

Os tres bancos de madeira ubicáronse na Praza do Bispo, sustituindo ós antigos. Trátase de elementos que están tratados contra a humidade, que contan con respaldo e cada un deles mide 3,5 metros de longo.

Tal y como sucede cos bancos similares instalados na Praza de España, os asentos incorporan dúas tomas USB para recarga de dispositivos móbiles e a parte inferior do banco está retroiluminada con LED para mellorar a calidade estética do centro da vila.

Pola súa banda, as once papeleiras son elementos fabricados en aceiro zincado, contan con tapa superior e tapa frontal e dispoñen dun cinceiro desmontable. Á súa vez foron instaladas na Avenida de Pontevedra, na Praza do Bispo e tamén na Rúa Augusto González Besada.

Maceteiros. Pola súa banda, as xardineiras están realizadas en aceiro galvanizado que conta cun tratamento en zinc e lacado e repártense entre a Praza do Bispo, Rúa da Ponte e Praza de España-Avenida de Vigo.

O rexedor, Andrés Díaz, participou o mércores nas tarefas de supervisión da instalación das papeleiras e destacou que son elementos moi prácticos, sobre todo se se consegue conciencia cívica para o seu uso por parte da cidadanía, a que animou a seguir mantendo limpos os espazos da vila.

Comentarios