Ponte Caldelas celebrou o Día dos Bosques coa axuda de cen 'deseucaliptizadores'

A Rente do Chan desenvolve un proxecto de rexeneración de monte queimado en Gradín que abarca catro hectáreas de terreo que ardeu en 2017

Un home elimina un eucalipto no monte en Gradín. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Un home elimina un eucalipto no monte en Gradín. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A localidade de Gradín, en Ponte Caldelas, e a de Rebordelo, en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) foron os dous puntos da comarca de Pontevedra onde se celebrou a deseucaliptización simultánea convocada por "Cousas de Raíces" e na que participaron 20 colectivos e asociacións en distintos puntos de toda Galicia. No caso de Rebordelo, a erradicación realizouse nunha zona de traballo onde Verdegaia ten actuado con unha "brigada deseucalitizadora", mentras que no de Gradín, o colectivo A Rente do Chan volveu a un terreo no que se está desenvolvendo un proxecto para desenvolver un espazo de Custodia do Monte.

A Rente do Chan, que ten traballado en esta zona en varias ocasións desde que en 2017 os incendios forestais asolaron gran parte do concello, contou con máis de cen participantes nun voluntariado familiar, no que non faltaron, maiores e cativos e no que se eliminaron, principamente, o Concello participou prestando material como guantes de traballo a todos os asistentes.

A Rente do Chan revelou que o ámbito de actuación en Gradín xa alcanzou as catro hectáreas de terreo, e nela intégranse 22 fincas pertencentes a 16 propietarios, que se puxeron de acordo entre eles, e cos integrantes do colectivo para erradicar especies invasoras (non só eucalipto, senón tamén acacia) que foran ocupando as leiras abandonadas. A asociación axudou a que os donos se puxeran de acordo en vender a madeira existente e eliminar o eucalipto e neste momento, os propietarios teñen ante si o reto de converterse en un grupo de Custodia do Territorio e de decidir que usos se lle darán a estas terras recuperadas. Entre as opcións, apuntan desde o colectivo, están a de plantar pasto para o gando, pero tamén a de implantar colmeas, ou a de desenvolver unha prantación de especies aromáticas.

A Rente do Chan lembra que esta zona emblemática é a coñecida como Cruceiro das Torres e que en tempos pasados servía para deambular, polas súas corredoiras, cara Caldelas, Paradela, Tourón ou Cuñas. O plan incluirá a recuperación de muros e rehabilitación dos camiños, e tamén o control sobre a eficacia das progresivas erradicacións de rebrotes de eucalipto e acacia. Deste xeito, A Rente do Chan estreará outro proxecto, "Ciencia cidadá" co que informará aos voluntarios -por exemplo, as cen persoas reunidas este sábado- dos resultados obtidos grazas á súa colaboración.

Comentarios