O Concello de Ponte Caldelas segue traballando para facilitar as compras e xestións da veciñanza e o turismo no centro do municipio. O alcalde, Andrés Díaz, realizou as xestións e chegou a un acordo cos propietarios de dúas fincas situadas en pleno centro, nas rúas Brasil e México, para habilitalas como aparcamento o que permitirá que, a partires do luns 10 de maio, Ponte Caldelas teña preto de 200 novos para vehículos.
As fincas están ubicadas na baixada das escaleiras do mural da troita, fronte o edificio consistorial, e a carón doutra finca xa habilitada como aparcamento dende 2015.
O Concello destaca que dende a chegada de Díaz á Alcadía de Ponte Caldelas duplicáronse as prazas no casco urbano, e que en canto rematen as obras da Rúa do Concello recuperaranse as prazas de aparcamento e sumaranse 13 máis.
Por outra banda, segue avanzando tamén a tramitación para poñer en marcha o aparcadoiro central, ademais de mellorar o espazo urbano para gañar seguridade e mobilidade peonil.