Ponte Caldelas instalará sete fontes desinfectantes con xel hixienizante

O dispensador de xel activarase cun pedal para non ter que utilizar as mans
El alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz. DP
photo_camera El alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz. DP

O Concello de Ponte Caldelas instalará sete fontes desinfectantes nas zonas máis transitadas da vila.

O Goberno local indicou que quere "priorizar a hixiene das mans de todas as persoas que pasen por Ponte Caldelas" e por iso instalará sete dispensadores que estarán situados diante do Supermercado Froiz e do Día, diante da Praza de Abastos, na Praza de España, na do Bispo (encrucillada da Farmacia), no inicio do Paseo da Calzada e fronte ao Pipeiro.

O pasado mércores instaláronse as tres primeiras fontes desinfectantes no exterior do Supermercado Froiz, no Día e na encrucillada da Farmacia .

Así, o Concello remarca que todas as persoas poderán desinfectar as súas mans antes e despois de entrar nos establecementos de alimentación, farmacia ou banco, e tamén antes e despois do paseo diario cos cativos.

As fontes desinfectantes foron ideadas, deseñadas e elaboradas polo equipo de operarios municipais. Contan cun dispensador e para activalo só hai que pisar un pedal, evitando así o contacto manual co dispensador.

Comentarios