Ponte Caldelas numera as súas vivendas e dixitaliza o cemiterio

O alcalde, Andrés Díaz, destacou o intenso traballo dos últimos meses para facer realidade estas iniciativas
O alcalde, Andrés Díaz, mostra o mapa dun dos cemiterios. DP
photo_camera O alcalde, Andrés Díaz, mostra o mapa dun dos cemiterios. DP

O Concello de Ponte Caldelas inicia este martes a instalación da numeración en todas as vivendas do municipio, unha iniciativa que homexeneizará a sinalización dos fogares e que, ao mesmo tempo, facilitará notablemente a labor do servizo de Correos e das empresas de paquetería e de reparto a domicilio.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, destacou o intenso traballo dos últimos meses para facer realidade esta iniciativa, que sinalizará as máis de 3.000 viviendas do municipio. As placas están confeccionadas en material resistente á chuvia e teñen un tamaño de 15x15 centímetros. Contan cun moderno deseño en cor mostaza, branca e azul, e en cada placa figurará o número da vivendas, a aldea na que se ubica e o escudo do Concello.

Cemiterio

O Concello vén de instalar nos cemiterios municipais de Caldelas e A Insua un pioneiro programa que dixitaliza todos os panteóns e nichos. Esta iniciativa permite coñecer en tempo real os propietarios dos panteóns e os difuntos enterrados en cada un dos nichos. Na entrada dos dous cemiterios instalouse unha placa identificativa na que se determinan as rúas e a numeración de cada un dos panteóns.

Comentarios