A programación de verán de Ponte Caldelas non se detén ante o mal tempo

O Concello investiu 18.000 euros na compra e instalación de 40 altofalantes na Praza de España e na Alameda como alternativa
2020081712465412956
photo_camera A Alameda de Ponte Caldelas, onte ao mediodía. CONCELLO

A pesar da previsión de choiva, Ponte Caldelas non tivo que frear as súas actividades de verán, que durante este periodo están a dinamizar a vida do municipio cada semana, dende a seguridade e o respeto das medidas. Así, onte, a pesar de que o mal tempo non permitiu a actuación da banda de música, tal e como estaba previsto, a actividade non faltou no entorno da Alameda e da Praza de España, onde na sesión vermú a música de banda si estivo presente, a través de 40 altofalantes que o Concello instalou recentemente, co obxectivo de que o bo ambiente non decaia debido ao mal tempo.

Así, o alcalde, Andrés Díaz, anunciou que o Concello investiu este ano 18.000 euros nos altofalantes, que "nos permiten seguir dinamizando Ponte Caldelas os días que non podemos ter actuación debido á choiva". Pola noite o ambiente tampouco decaeu coa pinchada de música variada a través destes aparatos.

Comentarios