viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

Ponte Caldelas presenta dous informes desfavorables ó Parque Eólico dos Cotos

Andrés Díaz. DP
Andrés Díaz. DP
Foron emitidos polo técnico municipal de Urbanismo e a técnica de Medio Ambiente

O Concello de Ponte Caldelas enviou este xoves á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación os dous informes desfavorables ó Parque Eólico dos Cotos elaborados polos técnicos municipais de Urbanismo e Medio Ambiente.

Segundo explica o goberno local nun comunicado ambos informes fan fincapé na "fragmentación intencionada do proxecto, que non inclúe a liña de evacuación do parque, unha infraestructura imprescindible para o funcionamento do proxecto e que non está a ser motivo de estudo conxunto, o que impide coñecer o impacto real do Parque Eólico dos Cotos sobre todo o territorio afectado, no que se inclúe Ponte Caldelas, concello polo que discorrería a liña de alta tensión".

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, destaca que os informes municipais desfavorables son "indispensalbes" para amosar o "rexeitamento" do consistorio a este proxecto e tamén unha cuestión clave para poder chegar á vía xudicial no caso de que o proxecto do Parque Eólico dos Cotos
continúe adiante
.

"Ponte Caldelas levará ó Xulgado e chegará ata o Tribunal Europeo se fai falta para frear este proxecto eólico que arrasa co noso territorio de xeito brutal e sen miramentos", apunta o rexedor.

Entre as cuestión que se destacan atópase que o planeamento municipal de Ponte Caldelas sostense no "desenvolvemento do sector terciario", entre outros, apoiado na potenciación do "comercio e o turismo cultural e na valoración do entorno natural e paisaxístico". "A localización do Proxecto do Parque eólico de Os Cotos e a súa liña de evacuación impedirían o desenvolvemento de dito modelo territorial no concello e afectaría moi de preto ó patrimonio de Ponte Caldelas, pois a liña de evacuación, tal e como se contempla no proxecto, está trazada moi preto de ben patrimoniais de alto valor, como a Capela de Cristo Rei en Baltar, de mámoas, de petróglifos, das recentemente descubertas Covas do Monte Pé da Múa e prácticamente sobrevoa o espectacular Bosque de Secuoias de Buchabade, unha plantación única en Galicia con exemplares de 50
metros de alto e uns dous metros de diámetro", apuntan desde o Concello.

Por outra parte, Díaz lembra que este venres remata o prazo para presentar alegacións ó Proxecto Eólico dos Cotos e que o Concello de Ponte Caldelas dispón dun modelo de alegacións a disposición da veciñanza no que só hai que asinar para que quede constancia do rexeitamento social ó proxecto.

Ponte Caldelas presenta dous informes desfavorables ó Parque Eólico...
Comentarios