domingo. 20.10.2019 |
El tiempo
domingo. 20.10.2019
El tiempo

Ponte Caldelas realizará 26 asembleas para dar a coñecer o borrador do PXOM

Andrés Díaz (centro), nunha reunión sobre o planeamento. CEDIDA
Andrés Díaz (centro), nunha reunión sobre o planeamento. CEDIDA
As asembleas celebraranse dous días á semana durante os vindeiros tres meses

O Goberno local de Ponte Caldelas ten en axenda levar a cabo unha serie de reunións en todas as vilas do concello, co obxectivo de dar a coñecer aos veciños os detalles do futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), despois de que a Xunta de Galicia devolvese o documento remitido pola Administración pontecaldelana o pasado mes de maio.

O plan aspira a poñer fin ás Normas Subsidiarias de hai máis de 25 anos e aprobar a primeira ordenación urbanística desenvolvida expresamente para Ponte Caldelas. Deste xeito, o primeiro destes encontros será o vindeiro martes, 1 de outubro, na Casa do Pobo de Vilarchán, a partires das 20.30 horas. Dous días despois, á mesma hora, terá lugar a reunión de Pazos.

As asembleas terán lugar dous días á semana durante os vindeiros tres meses. Serán un total de 26 encontros. Está previsto que, ademais do alcalde, Andrés Díaz, a estas reunións tamén asista un técnico da empresa que se encargou de redactar o PXOM, co obxectivo de resolver as dúbidas dos veciños.

Ponte Caldelas realizará 26 asembleas para dar a coñecer o borrador...
Comentarios