Ponte Caldelas rexeita a liña de alta tensión dun eólico non anunciado

O Concello alega contra a LAT Os Cotos II e Chan do Meniños dos que non hai datos ▶ A LAT Os Cotos debe superar a avaliación ambiental ordinaria, según a Xunta

Montes de las parroquias de Cotobade en los que se ubicarían seis nuevos aerogeneradores. J. CERVERA MERCADILLO
photo_camera Montes das parroquias de Cotobade onde se ubicarían seis novos aeroxeradores. J. CERVERA MERCADILLO

A escalada de proxectos eólicos vén de propiciar outra situación difícil de entender desde o punto de vista administrativo. Un concello, o de Ponte Caldelas, tivo que presentar os informes negativos contra a liña de derivación da electricidade duns proxectos descoñecidos para a cidadanía e tamén para a administración local. Así o anunciou este martes o alcalde, ao indicar que vén de remitir os dous informes desfavorables sobre a Liña de Alta Tensión dos Eólicos Os Cotos II e Chans dos Meniños. O anuncio de información dos plans de derivación eléctrica foi publicado o pasado 28 de marzo pola Consellería de Medio Ambiente, pero de momento non hai datos sobre os parques dos que sairía a electricidade.

O Concello di que "en ámbolos dous informes considérase que a Liña de Alta Tensión non cumpre coa lexislación vixente, dado que o proxecto da liña de evacuación está ligado ao proxecto do parque eólico, sendo unha infraestructura imprescindible para a execución e a viabilidade do parque eólico", algo do que extraen a conclusión de que "hai unha fragmentación clara do proxecto no seu conxunto, por unha parte os aeroxeneradores e pola outra banda a liña de evacuación, con seus Estudos de Impacto Ambiental avaliados independientemente, poderían ocultar impactos ambientais mais globais e severos", indica Díaz.

No documento non hai constancia da situación dos aeroxeneradores, do seu número nin potencia, pero o inicio da liña de evacuación do PE dos Cotos II y PE Chan dos Meniños está situada moi preto da liña de evacuación proxectada no PE dos Cotos.

Avaliación Ordinaria para a liña de derivación de Os Cotos
Por outra banda, respecto á derivación de Os Cotos o alcalde de Ponte Caldelas celebrou este martes que o informe de impacto ambiental do proxecto da LAT 66 kV PE dos Cotos-SE Pontesampaio elaborado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático obrigue á empresa a someter o proxecto a unha avaliación de impacto ambiental ordinaria. A Xunta considera que a liña produciría impactos ambientais significativos, especialmente no referente á paisaxe, debido á localización da traza da liña sobre afloramentos rochosos e pide unha análise en profundidade das alternativas que se debe levar a cabo por medio dun estudo de impacto ambiental.

Comentarios