Ponte Caldelas segue medrando e gaña 44 habitantes nos tres primeiros trimestres do ano

Ademais, reduciu en sete o número de desempregados, sendo dos poucos concellos da comarca de Pontevedra que baixou as cifras do paro
Andrés Díaz, alcalde de la localidad, en una imagen de archivo. DP
photo_camera Andrés Díaz, alcalde da localidade, nunha imaxe de arquivo. DP

O Concello de Ponte Caldelas continúa a ser o concello máis atractivo para vivir e traballar da comarca segundo o seu Goberno Local, que este venres volveu amosar os datos do paro (sete desempregados menos en setembro) e de poboación que manexa o Consistorio, os cales rompen as estatísticas que apuntan que os concellos que reducen o número de desempregados fano porque tamén reducen poboación.

En Ponte Caldelas as cifras avanzan xusto ao revés. Tal e como apunta o Concello, no mes de setembro o municipio reduciu en sete o número de desempregados, sendo dos poucos concellos da comarca de Pontevedra que baixou as cifras do paro, mentras incrementar poboación. O Padrón municipal do Concello continúa a tendencia á alza e no que vai de ano suma 44 veciños máis: houbo 268 altas no padrón e 224 baixas.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, valora moi positivamente estes datos e recoñece que o traballo de dinamización do seu equipo que está a dar os froitos desexados.

Comentarios