lunes. 21.09.2020 |
El tiempo
lunes. 21.09.2020
El tiempo

Ponte Caldelas sufoca en menos de 24 horas dous incendios en Cuñas

Efectivos trabajando en la extinción del fuego en Cuñas. ANDRÉS DÍAZ
Efectivos trabajando en la extinción del fuego en Cuñas. ANDRÉS DÍAZ
A participación veciñal na extinción axudou a que todo se solventara nun lapso moi curto de tempo

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, vén de informar de que a brigada municipal sufocou un novo conato de incendio en Cuñas, lugar onde este mércores pola tarde se detectou un lume similar, que non acadou grandes dimensións pola pronta intervención do servizo.

O alcalde chama aos veciños a que se estean atentos e avisen de calquera movemento sospeitoso, e agradece a sua pronta colaboración neste caso porque se tratou de focos moi próximos ás vivendas e foi a participación veciñal na extinción a que axudou a que todo se solventara nun lapso moi curto de tempo.

Ponte Caldelas sufoca en menos de 24 horas dous incendios en Cuñas
Comentarios