lunes. 19.04.2021 |
El tiempo
lunes. 19.04.2021
El tiempo

O caso positivo no Fogar Residencial de Cerdedo-Cotobade está "controlado"

Fogar Residencial de Cerdedo-Cotobade. FACEBOOK
Fogar Residencial de Cerdedo-Cotobade. FACEBOOK

O traballador atópase de vacacións desde "hai máis de 15 días" e non tivo contacto previo con outros empregados ni con residentes

 

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, aclarou este luns que o caso positivo detectado no Fogar Residencial está "controlado". Trátase dun traballador que se atopa de vacacións "desde hai máis de 15 días" e que non tivo contacto previo con outros empregados ni con residentes.

"É un caso detectado e controlado que se deu fóra do ambiente do Fogar Residencial e, con cautela, non debería ter incidencia, a priori, para este servizo e os seus usuarios", explicou o rexedor.

Con todo, Cubela insiste na importancia de "tomar medidas de autoprotección, manter a distancia de seguridade, lavar abondantemente as mans, botar xel hidroalcólico e levar a máscara ben posta en todo momento". 

UN POSITIVO NO FOGAR RESIDENCIAL DE CERDEDO-COTOBADE, EN ESTADO VACACIONAL, SEN CONTACTO NIN COS TRABALLADORES NIN COS...

Posted by Jorge Cubela López on Luns, 18 de Xaneiro de 2021

O caso positivo no Fogar Residencial de Cerdedo-Cotobade está...
Comentarios
ç