O PP de Campo Lameiro renova a metade da súa candidatura de cara as municipais

Carlos Costa salienta que a lista representa a todas as parroquias e mestura "experiencia e renovación"

Candidatura do PP de Campo Lameiro. DP
photo_camera Candidatura do PP de Campo Lameiro. DP

O PP de Campo Lameiro renova a metade da súa candidatura de cara ás próximas eleccións municipais do 26 de maio. A lista que encabeza Carlos Costa, autónomo e propietario dunha panadería, coloca como número dous a Eva Campo Leiro, presidenta da Escola de Música e profesora de solfeo.  Cunha media de 38 anos dos membros situados nos postos de saída,os populares aseguran que "representa a todas as parroquias formada por xente que vive aquí e que coñece perfectamente o noso concello".

"Unha candidatura na que se procurou mesturar experiencia e renovación, con persoas que xa formaron parte nalgunha ocasión da corporación municipal e outros que se incorporan por primeira vez á política, con moitas ideas e moita ilusión por traballar polos seus veciños", engade o PP no seu comunicado.

No número tres sitúase Alberto Maquieira Fernández, da parroquia de Santa Mariña de Fragas,  aútonomo do sector forestal e actual concelleiro. Ségueno Nieves Boullosa Ferrín, tamén concelleira e asesora contable nunha asesoría de empresas; Delia Carramal Torres, asistente-responsable dunha tenda; e Ángel García Maquieira,  autónomo na rama de automoción. Completan a lista dos populares: Martina Ricoy Ferreiro, Jose A. Martínez Cacabelos e Julio G. Sayáns Bugallo (actual alcalde).

Como suplentes: Evaristo Blanco Martínez, Amadeo Campo Fraga, Elías González Torres, Mónica Cespón Martínez, Francisco Ameijeiras Escariz e Natalia Maquieira Filgueira.

Comentarios